3×3 a favor de Esperanza Salnés

CAMBADOS>

 

O 5 de setembro a Alameda de San Tomé en Cambados volverá a converterse nunha improvisada cancha de baloncesto por unha boa causa. Un grupo de cambadeses afeccionados a este deporte organizan un 3×3 en beneficio da Asociación de Discapacitados Esperanza Salnés. Agardan reunir a unha vintena de equipos. A inscrición está aberta a equipos de tódalas idades e categorías.

 

 

Non é a primeira vez que organizan un evento deportivo destas características na Alameda de San Tomé. Desfrutar do baloncesto con amigos e potenciar o deporte é a finalidade que agocha a iniciativa. Pero este ano, os promotores destes encontros decidiron darlle un matiz solidario, e aproveitar o seu poder de convocatoria para recadar fondos para a Asociación Esperanza Salnés. De aí que o 5 de setembro, a Alameda dividirase en 4 canchas de baloncesto para acoller un 3×3 aberto a equipos profesionais, afeccionados, de calquera idade ou categoría.

 

Os organizadores agardan contar cunha vintena de equipos. En eventos semellantes organizados outros anos lograron roldar os 16. Poñen un tope: 5 xogadores como máximo por equipo e un límite de 24 formacións.

 

Os que desexen inscribirse poden facelo a través do seu espazo en facebook: 3×3 Esperanza Salnés. Cada xogador aportará 10 euros por participar, que será a recadación que se doe á Asociación. Aínda que tamén se habilitará o día da competición un bote solidario para todo o que desexe colaborar economicamente.

 

A hora prevista para o comezo do torneo son as catro da tarde, aínda que de rexistrarse unha avalancha de equipos, plantearán organizar algúns encontros pola mañá.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/21/3x3esperanzasalnes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/21/TORNEO_BALOCENSTO.mp4{/flowplayer}