A policía de Rianxo volve lanzar a súa orixinal vídeo-campaña de tráfico

RIANXO> A policía local de Rianxo presenta, por cuarto ano consecutivo, a súa videocampaña de tráfico para este Nadal.

A capacidade creativa de Román Castaño e Duarte Galbán volveu poñerse ó servizo da seguridade viaria. Un ano máis son os autores do vídeo de concienciación que promove a policía local de Rianxo en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico cada Nadal.

Todo partiu a raíz dunha foto hai catro anos. A imaxe foi evolucionando a través de pezas audiovisuais que se fixeron virais a través das redes.

Ademais da Policía e da DXT colaboran nesta campaña os bombeiros, protección civil, ambulancias, servizo de grúas e numerosos cidadáns anónimos que prestaron a súa imaxe para esta creación.

A pesar do éxito do video, dende a Policía Local seguen a insistir na necesidade de promover máis campañas de concienciación para reducir a cifra de vítimas nas estradas.

Esta campaña súmase ás oito que se desenvolven anualmente en colaboración coa DXT tanto de control como de prevención.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí