A hostalería pontevedresa presenta as súas propostas en miniatura: volve o Pontedetapas

PONTEVEDRA> Comeza en Pontevedra o Pontedetapas 2022. O concurso de tapas regresa á hostalería da cidade despois do paro forzado pola pandemia. 26 locais participan desta iniciativa chamada a dinamizar o sector nunha época demasiado complicada. Moitos, ademáis, ven o Pontedetapas como unha oportunidade para darse a coñecer.

A hostalería pontevedresa saca a súa artillería pesada.
Os locais da cidade poñen os seus fogóns a funcionar con propostas novidosas e orixinais en formato máis reducido. Comeza o Pontedetapas.

Estas son as propostas dos restaurantes Gumer, na rúa Xeneral Martitegui, e La Culpa de la Gula, na rúa Real. Tan só dous exemplos dunha iniciativa na que participan ata 26 locais.

O Pontedetapas é unha aposta segura. Máis aínda nun mes como o de novembro, complicado para a hostalería.
Ademais nun contexto de inflacción e de suba de prezos.

Encarécense as materias primas e a electricidade. Pero os clientes poden gozar no Pontedetapas do bo facer da hostalería pontevedresa por tan só catro euros.

Fagan caso. Proben e voten. Seguro que non se van arrepentir.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí