O Barbanza reforza o servizo de axuda no fogar en máis de vinte mil horas

BARBANZA> A comarca do Barbanza reforzou o servizo de axuda no fogar con máis de vinte mil novas horas de asistencia dende que se decretou o estado de alarma. o obxectivo da Xunta é garantir a máxima calidade da asistencia e incorporar a novos usuarios que precisen atención nas actuais circunstancias.

O delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, Ovidio Rodeir, trasladou o seu agradecemento ó persoal do servizo de axuda no fogar que está a desenvolver unha extraordinaria labor durante esta crise. o responsable provincial mantivo un encontro por videoconferencia con traballadores do servizo de distintos concellos, entre eles Ribeira. Cómpre destacar que dende o inicio da crise a Xunta reforozou o servizo incrementando o número de horas asignadas a cada concello.

Concretamente, o Barbanza experimentou un aumento de vinte mil cento dez novas horas de coidado ó domicilio o que permitiu incorporan a novos usuarios que precisan asistencia a raíz da situación de illamento. Neste momento, os concellos da bisbarra dispoñen dun total de trescentas oitenta e cinco mil cento vinte e catro horas o que supón un investimento próximo ós 3,7 millóns de euros.

Como criterio de reparto, a Xunta prioriza os casos máis urxentes detectados polo Programa de Asignación de Recursos, así como as persoas usuarias do centro de día que non dispoñen deste servizo dende que se decretou o estado de alarma posto que permanecen pechados.

Este servizo enmárcase no Plan Social de continxencia do que tamén forman parte medidas como o teléfonos social para acompañamento e atención piscolóxica, o seguimento telefónicos ós usuarios dos centros ocupacionais ou o reparto de comida a domicilio. Non só prestan atención ós maiores senón tamén se inclúen neste plan axudas económicas para os nenos beneficiarios de bolsas de comedor escolar.

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí