Noia Histórica ofrece descontos de ata o 80% no peche das rebaixas

    NOIA> Noia Histórica pechará por todo o alto a campaña de rebaixas. Durante esta fin de semana, os establecementos asociados ofrecerán importantes descontos que poden chegar ata o oitenta por cento. Vinte e oito establecementos participarán neste peche de campaña das rebaixas denominada ‘Ofertón’. O seu nome dá idea dos atractivos descontos que ofrecerán ós seus clientes dende o venres ata o domingo. Os comercios abrirán no horario habitual, mañá e tarde tanto o venres como o sábado, e o domingo en horario de mañá. A asociación de empresarios decidiu volver poñer en marcha esta actividade promocional tralo éxito das dúas anteriores edicións avaladas polo incremento das vendas.