A ABE lanza a campaña de bonos #negocios10

BOIRO> A Asociación Boirense de Empresarios lanza a campaña ‘Negocios 10’. Porá á venda 200 caixas de bonos por valor de 50 euros que ó cliente tan só lle custarán 40.

O 1 de marzo saírán á venda os bonos #negocios10 da ABE. trátase dunha edición limitada de 200 caixas qeu coneñen 10 bonos de 5 euros cada un. Aínda que o valor comercial é de 50, ós clientes tan só lle custará 40 co que disporán de 10 euros de agasallo para gastar nos máis de 200 establecementos asociados.

A campaña desenvolverase entre o 1 de marzo e o 15 de abril, período durante o cal o concello permitirá o estacionamento de balde no aparcadoiro público para facilitar as compras ós clientes.

Con esta campaña, a ABE agarda poñer en circulación dez mil euros nunha das tempadas máis baixas a nivel de vendas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí