Unha condutora resulta ferida leve nunha saída de vía en Cespón

BOIRO> Unha muller resultou ferida leve nun accidente de tráfico acontecido na estrada autonómica AC-305 á altura do lugar de Cespón, en Boiro. Por causas descoñecidas, o vehículo que conducía, un Citröen Saxo, saíuse da vía colidindo contra un poste do alumeado público. O sinistro foi moi aparatoso posto que o turismo caeu nunha finca próxima e a luminaria resultou derribada. Ata a zona desprazáronse sendas patrullas da policía e da Garda Civil de Boiro así como unha ambulancia do 061. O persoal sanitario prestou asistencia no lugar á condutora, única ocupante do vehículo. As lesións non revestían gravidade polo que non foi preciso o seu desprazamento a ningún centro médico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí