O BNG interésase no Parlamento pola crise dos pósitos arousáns

    BARBANZA> Os deputados, Montse Prado e Daniel Rodas, rexistraron diversas iniciativas denunciando o incumprimento dos compromisos da consellería do Mar, a escasas semanas do inicio do libre marisqueo. Recollendo o malestar transmitido por moitas confrarías arousáns, que xa puxeron de manifesto os patrón maiores na comparecencia deste pasado luns, o BNG rexistrou diversas iniciativas no Parlamento Galego instando á Xunta a adoptar medidas para frear a situación dramática que está a vivir o sector marisqueiro da Ría-. Os deputados Montse Prado e Daniel Rodas demandan a adopción de medidas urxentes ante a falla de capturas, máis grave nos Lombos do Ulla, pero tamén moi evidente en Cabío e no Bohído. Tamén aluden a problemática da práctica desaparición da Ría dunha especie estratéxica para o sector como é o berberecho, situación que comezou xa no ano 2012, sen que a Xunta fixera nada ata agora por remedialo. Dende o BNG tamén denuncian o incumprimento dos compromisos esgrimidos pola consellería do Mar así como a falta de dialogo da propia Administración co sector, reclamando a adopción de medidas urxentes contra a crise que está a sufrir o sector, que está a provocar graves prexuízos para moitas familias que viven da actividade.