Trinta e un equipos de balonmán base conviven e compiten en Pontevedra

PONTEVEDRA> Esta tarde arrancou na capital o Torneo Cidade de Pontevedra, a nova cita co balonmán de base. Ata 31 equipos masculinos e femininos participan nesta competición, na que xogan clubs de toda Galicia e Portugal. Como convidado especial contan co Barça cadete. A cita prolongarase ata o domingo, cando se coñecerán os gañadores deste novo torneo.

 

Trece clubs, 31 equipos e preto de 400 rapaces. Estas son as cifras que deixa o Torneo Cidade de Pontevedra. A competición arrancou esta tarde e dende hoxe ata o domingo será unha oportunidade para coñecer as bases do balonmán galego e portugués.

Como convidado especial, o Torneo conta coa participación do Barça na categoría cadete. Do balonmán local, están representados os dous clubs principais: Teucro e Cisne.

Dende o concello felicitaron o esforzo da organización. A concelleira de deportes quixo facer fincapé no bo ambiente que, agardan, sexa xeneralizado na competición.

Os encontros celebraranse nos pavillóns da Xunqueira, o municipal e o multiusos, e todas as entradas son de balde. Despois dos primeiros encontros desta tarde, mañá e o sábado os partidos celebraranse entre as 9 e a 13.30 e as 16 e as 21.30. O domingo xogaranse as finais, sendo a última á 1 do mediodía.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/27/torneo_balonman_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/27/torneo_balonman_pontevedra.mp4{/flowplayer}