O concello levará adiante o proxecto de saneamento dos Gafos sen a Xunta

PONTEVEDRA> A Xunta de Galicia ven de paralizar o proxecto de saneamento do río Gafos. O goberno autonómico deixou sen efecto o convenio asinado para executar a actuación, fundamental para o concello de Pontevedra. Tanto é así que o executivo local xa anunciou a súa intención de seguir adiante coas obras, ben con fondos propios do concello ou ben buscando o apoio económico da Deputación provincial.

 

O concello de Pontevedra está determinado a seguir adiante coas obras para o saneamento do río Gafos. Augas de Galicia anunciou o pasado venres a súa decisión de deixar sen efecto o convenio asinado co goberno local e, polo tanto, paralizar a intervención.

No concello non sorprende esta decisión. De feito apuntan a que o ente autonómico leva dende o 2011 buscando escusas para non executala. Silva recordou que dende entón sucedéronse as reunións con Augas de Galicia para buscar unha solución. Finalmente, o concello asumiu a redacción do proxecto e o ten a exposición pública, fase que remata esta semana.

 Dende a Xunta, pola súa banda, sinalan ao concello como responsable de incumprir reiteradamente os compromisos.

A concelleira recordou que a obra afecta tamén a Vilaboa e Ponte Caldelas. Por iso, dada a súa importancia, o goberno local levará adiante os traballos.

Aínda non hai data para este encontro entre o alcalde da capital e a presidenta da Deputación, que previsiblemente se celebrará esta semana ou a vindeira.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/31/saneamento_gafos.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/31/saneamento_gafos.mp4{/flowplayer}