A POBRA> Éxito dos campamentos de conciliación da Pobra. O concello viuse obrigado a ampliar o número de prazas ante a gran demanda do servizo.
A concelleira de Igualdade da Pobra, Charo Varela, visitou esta mañá os obradoiros de conciliación que se están a desenvolver no CEIP Salustiano Rey Eiras, para coñecer máis a fondo as actividades que realizan os cativos. Da man da súa coordinadora, Loida Fernández, os pequenos están inmersos na semana da linguaxe artística.
A semana pasada celebraron a semana do Mar mentres que a próxima estará dedicada á temática medieval. O éxito dos campamentos foi tal que o concello apostou por aumentar o número de prazas para non deixar fóra a ningunha familia.
Un servizo imprescindible no que a Pobra é pioneira ó ofrecelo durante todo o periodo non lectivo con servizos de madruga e comedor.