As cifras de ocupación en agosto deixan un sabor agridoce nos hostaleiros de Sanxenxo

SANXENXO> A CETS considera que se non fora polo mal tempo conseguiríase un récord histórico. O consorcio de Empresarios Turisticos de Sanxenxo vén de dar a coñecer os datos de ocupación e consumo correspondentes ó pasado mes de agosto. Os datos reflicten uns niveis de ocupación semellantes ós do mesmo período do ano anterior, a pesar do mal tempo. O turista que se achega á localidade procede na súa maioría da zona media-norte da península, un turismo familiar de clase media-alta. O gasto, aínda que dificil cuantificación, rexistra niveis semellante ós do mesmo período do ano anterior. Os datos proceden de diferentes enquisas que a CETS realizou entre tódolos seus asociados.