O BNG denuncia os incumprimentos da empresa encargada do servizo de limepza

    POBRA> Segundo os nacionalistas a firma non está a dar os mínimos esixidos que aparecían no prego de condicións. Varias son as cláusulas do contrato que segundo o BNG a empresa Urbaser, concesionaria do servizo de recollida de lixo urbana, está a infrinxir. Así aluden a que firma non está a cumprir á hora de proceder á limpeza periódica dos contedores, nin tampouco co uso da barredora mecánica e o baldeado de rúas, como aparece estipulado no contrato. Toda unha serie de melloras que segundo os nacionalistas foron determinantes á hora de serlle adxudicado a concesión no seu día.