Os patróns maiores de Arousa apostan por non abrir o libre marisqueo

    RIANXO> Os patróns maiores de Arousa seguen e seguirán en pé de guerra polo futuro do marisqueo. A rexeneración dos Lombos do Ulla, practicamente produtivo, constitúe a súa principal reivindicación para garantir a rendibilidade do libre marisqueo. Así o puxeron de manifesta na xuntanza celebrada en Rianxo con representantes de toda a ría. A rexeneración dos bancos de libre marisqueo segue a ser o principal cabalo de batalla das confrarías arousás que vén como, a un mes da apertura da campaña, non se ten acometido o plan de dragado e recuperación nos Lombos, solicitado polos pósitos. Así as cousas, a maior parte dos patróns maiores son partidarios de non abrir a campaña xa que tan só contribuiría a esquilmar os bancos de Cabío e O Bohído. Esta concentración desenvolvida en Rianxo é só unha cita máis do amplo calendario de xuntanzas promovidas polo sector que non descansará ata conseguir unha xuntanza coa Conselleira do Mar.Insisten en que non piden axudas nin acollerse ó paro, xa que non tódolos mariñeiros teñen dereito a cobrar o desemprego. O único que queren é poder traballar para vivir do seu oficios. Pola súa banda, dende a Consellería do Mar sosteñen que xa están traballando sobre o terreo tras analizar as propostas do sector e acordar unha serie de accións a acometer no menor periodo de tempo. Ademais da limpeza de algas nos fondos de Cabío procedeuse á remoción do sedimento nunha parte do Bohído, ata o de agora improdutiva. Tamén puxeron en marcha unha campaña de retirada de depredadores e traslado de reló de tamañño superior ós 35 milímetros ós límites dos bancos marisqueiros que arestora non producen para facilitar a súa implantación. Ademais destas accións, a Consellería ten previsto atender ás demandas do sector e avaliar nunha nova xuntanza unha serie de medidas complementarias destinadas a paliar os efectos negativos dunha posible non apertura do libre marisqueo de cara ó mes de outubro.