RIBEIRA> Ribeira celebrará este venres o Consello Sectorial de Pesca no que se abordarán temas clave para o sector. Ademais do dragado dos portos, estudarase a posta en marcha dun plan de acción para poñer freo á perda da produtividade marisqueira na ría.
O Consello Sectorial de Pesca de Ribeira, previsto para este venres a mediodía no Centro Cultural Lustres Rivas, abordará as principais cuestións que preocupan ó sector do mar, un dos motores económicos do municio. Entre eles, a necesidade de dragado do porto de Ribeira así como outras cuestións de seguirdade que afectan a tódolos portos do termo municipal.
Outro dos obxectivos desta reunión é poñer sobre a mesa a perda de produtividade da ría ante a caída das capturas do marisqueo que se traduce en perdas case inasumibles para o sector.
A reunión contará coa asistencia de responsables da Consellería do Mar e so goberno local. Estarán representados tamén os principais actores do sector do mar con patróns maiores, presidentes de asociacións e entidades pesqueiras e as forzas de seguridade.











