Cambados dálle un aire mariñeiro á segunda edición do Desmarket

CAMBADOS> Cambados dálle unha volta ó Desmarket. A feira do comercio da vila terá este ano aires mariñeiros. Vai haber showcooking con produtos de conserveiras cambadesas, unha excursión con Guimatur e mesmo un desfile de mariscadoras. Na parte musical, Familia Caamagno ou Los Jinetes del Trópico son só algunhas das propostas coas que o comercio local quere atraer ó público.

Serve para promociona-lo comercio local e para poñer en valor o traballo do sector. Pero este ano o Desmarket quere implicar a outro píar fundamental da economía local, o mundo do mar.

A vinculación do Desmarket é tal que ata o cartel deste ano ten como protagonista a unha mariscadora. Ademais, a programación deste ano incluirá un showcooking con produtos mariñeiros e mesmo un desfile de mariscadoras.

Outra novidade deste ano é a excursión con Guimatur. O que non mudan son os concertos, que manteñen a mesma esencia cá na primeira edición do ano pasado.

A organización conta con supera-las 5.000 persoas que visitaron a feira o ano pasado. O Desmarket vaise celebrar do 27 ao 29 deste mes no Salón Peña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí