O BNG incide na necesidade de que a Pobra conte unha gardería pública

    POBRA> Para os nacionalistas trátase dunha actuación longamente agardada, vital para a conciliación da vida familiar e laboral de moitas familias do municipio. Para o BNG trátase dunha actuación prioritaria. Segundo eles a Pobra non pode permitirse máis o luxo de non dispor dunha gardería pública para a atención de nenos de cero a tres anos, algo hoxe en día vital de cara a conciliación da vida laboral e familiar de moitas familias do municipio. Dáse o caso ademais de que é o único dos concellos da comarca que non dispón deste servizo a pesar das reiteradas solicitudes realizadas nos últimos anos. Por esta razón pídenlle ó actual executivo local o inicio dos trámites oportunos ante a Xunta para conseguir a súa posta en marcha para o vindeiro curso escolar. Segundo eles a falla de servizos coma este son os que están a provocar a marcha de moitas familias da localidade a outros concellos veciños, provocando unha perda importante de poboación nos últimos anos.