Cambados celebrará o entroido cos concursos de Disfraces e o Túa Cara Sóame online

CAMBADOS> O concello de cambados reinventase para festexar o entroido. Dende o goberno local levaran a cabo dous concursos para que a xente goce sen saír da casa: O tradicional concurso de disfraces e o programa a túa cara sóame.

O elevado numero de casos activos e as restricións impiden aos concellos celebrar os actos típicos do entroido. Pero dende o goberno de cambados votáronlle imaxinación para que a súa veciñanza anímese a disfrazarse sen saír da casa. Para elo levarán a cabo dous concursos, o primeiro terá lugar o día 12 de febreiro co Túa cara sóame.

Para participar deberán anotarse no correo electrónico panxeaproducción@gmail.com ou no concello o día 25 de xaneiro. No concurso só participarán 8 persoas. O outro evento será o concurso de disfraces dende a casa ou dende o photocall que se instalará na praza do concello.

Este concurso repartirá premios en tres categorías: infantil, adulto e grupos, cun máximo de 4 persoas. O obxectivo destes concursos é que a xente manteña a ilusión do entroido pero con seguridade.

Os concursos contan coa colaboración da asociación de comerciantes de Cambados Zona Centro e do obradoiro de emprego. Os premios consistirán en vales compra nos comercios da vila. Ambos concursos poderán seguirse a través do facebook do concello de Cambados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí