O executivo noiés pide expedientar a FCC

    NOIA> O executivo noiés vén de esixirlle á Mancomunidade Serra do Barbanza medidas contundentes contra a empresa FCC, concesionaria do servizo de recollida de lixo. O tenente de alcalde, Xosé Manuel Lage, pide que se lle abra un expediente e mesmo se sancione pola súa neglixente actuación, xa que nas últimas semanas non está a recoller o lixo a diario en todo o termo municipal e mesmo nalgunhas zonas tardou máis de catro días en facelo. Segundo el trátase dunha actuación moi grave que está a causar un enorme prexuízo a numerosos veciños de Noia.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí