A coral Rosalía de Castro celebra o seu 30º aniversario cun concerto homenaxe

    VILAGARCÍA> A Coral Rosalía de Castro de Vilagarcía de Arousa conmemora o seu 30 aniversario cun concerto especial este sábado 3 de outubro a partir das 8 da tarde no Auditorio acompañados de outras catro corais e a banda de música de Ribadumia.

    A Coral Polifónica de Cambados, a Coral Polifónica A Lembranza de Sada, a Coral Polifónica Municipal da Illa de Arousa e a Coral San Julián de Marín cantarán dúas pezas cada unha e tamén o farán acompañadas da Banda da Asociación Músico-Cultural de Ribadumia, onde se poderá escoitar zarzuela e ópera. A Coral de Vilagarcía porá o broche de ouro á xornada recordando a súa traxectoria.

     

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/30/aniversario_coral_rosalia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/30/aniversario_coral_rosalia.mp4{/flowplayer}