Deporte e integración van da man nos Xogos de Atletismo Special Olympics

VILAGARCÍA> Deporte e integración irán da man este sábado en Vilagarcía. O complexo deportivo de Fontecarmoa acolle os Xogos de Atletismo Special Olympics para persoas con discapacidade intelectual. Unha iniciativa que cumpre xa 16 anos, e que presenta probas adaptadas para os diferentes graos de dependencia dos seus participantes.

 

Special Olympics, da Fundación ONCE, volve a Vilagarcía. Este sábado organizan os seus Xogos de Atletismo, que reunirán na capital arousá a atletas de toda Galicia.

A cita será no complexo deportivo de Fontecarmoa a partires das 11 menos cuarto da mañá. Con ela, búscase promocionar as persoas con discapacidade intelectual, baixo o lema “Quero gañar, pero se non o consigo deixádeme ser valente no intento”.

As probas dividiranse en niveis adaptados aos diferentes graos de discapacidade dos participantes. Todas diríxense a promover a mobilidade, o equilibrio e as diferentes aptitudes dos atletas.

Dende Special Olympics agradecer a colaboración do concello de Vilagarcía. Un apoio que, segundo dixeron, atopan con frecuencia nas diferentes administracións locais e provinciais, que apostan polos servizos sociais, a integración e as axudas á dependencia.

A asociación tamén destacou a importancia do proxecto de Special Olympics, o único no mundo que ofrece a posibilidade de competir nun evento deportivo a persoas cun elevado grao de discapacidade.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/01/atletismo_olympics.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/01/atletismo_olympics.mp4{/flowplayer}