Sanxenxo e O Grove lanzan a súa web turística, primeiro paso para a súa transformación en destino intelixente

SANXENXO> Nace destinosalnes.com. Trátase dun portal no que se recolle toda a oferta e servizos turísticos dos concellos de Sanxenxo e O Grove. A web é só a punta de lanza dun amplo paquete tecnolóxico que se pretende implantar nestes dous municipios. O proxecto, salientan os dous alcaldes, busca que Sanxenxo e O Grove se suban á era dixital para seguir liderando a sector turísitico no norte de España.

Sanxenxo e O Grove van da man nun proxecto de impulso tecnolóxico que busca que o sector turístico deste destino siga sendo un referente. A iniciativa de Polos Turísticos Intelixentes permitirá a estes dous concellos subirse á era dixital, comezando polo lanzamento dunha web conxunta, destinosalnes.com, na que se engloba tódalas propostas, establecementos e servizos turísticos cos que contan os municipios.

Esta mañá tivo lugar a presentación ao sector do proxecto que, no seu conxunto rolda o millón e medio de euros. O 40% do investimento provén dos concellos. Esta mañá, os dous rexedores salientaban a cooperación entre Sanxenxo e O Grove.

O proxecto arrancou no ano 2018 e agora comeza a materializarse coa súa primeira fase, a páxina web. Unha plataforma destinada ás persoas que visitan estes dous concellos, pero tamén aos profesionais do sector turístico.

En vindeiras fases, irase desenvovendo unha plataforma intelexinte, con información de aparcadoiros, alugueiro de biciclestas turísticas, estudos de mobilidade e cámaras de control de afluencia de tráfico, entre outros. Un longo proceso de dixitalización que busca poñer as tecnoloxías ao servizo dos profesionais do sector.

No acto desta mañá tamén participou o director xeral de Red.es, Jesús Herrro, e o subdelegado do goberno en Pontevedra, Abel Losada.