CATA D.O. 2008> O Pazo de Mugartegui acolleu esta mañá a cata para as Distincións Gallaecia. Trátase da vixésimo primeira edición do certame que organizan dende a Asociación de Sumilleres de Galicia, Gallaecia. Unha cita onde neste 2018 se presentaron 222 marcas das Rías Baixas.
222 marca de Rías Baixas participaron nunha nova cata para as Distincións Gallaecia. Unha cita organizada, e xa van 21 anos, pola Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia. 222 marcas entre tintos, brancos e espumosos.
22 profesionais, entre sumilleres, enólogos, técnicos do Consello Regulador e críticos, foron os encargados de valorar as referencias. Fixérono distribuídos en catro paneis de cata, sen recibir máis información sobre cada viño que a añada á que corresponde. Evaluaron dende a colleita do 2007 ata á do 2017 pero sen seguir unha orde cronolóxica. Cabe lembrar que o Premio Gallaecia é un distintivo moi importante para o viño.
O nivel dos viños catados durante esta xornada é moi alto segundo nos confirmaron dende a organización deste certame.
As características destes caldos eran as seguintes…
Con esta xornada en Rías Baixas, dende a Asociación de Sumilleres de Galicia poñen fin ás precatas desenvolvidas nas cinco denominacións de orixe vinícolas galegas. A comezos de setembro está prevista a cata final, na que participarán as referencias que nesta fase previa superen os 87 puntos . Na final das Distincións de Gallaecia recaen os viños cunha puntuación de 92 ou superior.