O PSOE homenaxea ás vítimas pontevedresas do franquismo

PONTEVEDRA> Día Histórico en España pola exhumación de Francisco Franco. Enmarcado nesta xornada, o PSOE celebrou esta mañá en Pontevedra un acto en recordo ás vítimas do franquismo. Unha homenaxe na que todos os membros do partido recordaron aos dez pontevedreses fusilados o 12 de novembro de 1936.

Este foi o lugar elixido polo PSOE para render homenaxe ás vítimas do Franquismo. Un acto celebrado esta mañá e que estivo marcado pola exhumación de Francisco Franco. Todos os membros do partido cualificaron esta xornada como histórica e como unha vitoria da democracia.

Neste acto, os socialistas recordaron aos 10 pontevedreses fusilados o 12 de novembro de 1936. O momento máis emotivo o protagonizou Marica Adrio, sobriña do represaliado José Adrio e filla de Gonzalo Adrio.

Tras estas palabras, os socialistas colocaron esta coroa de flores aos pes do monólito en recordo a todas as vítimas do Franquismo.