Luz verde ao polígono industrial do Vao

Pontevedra> A Xunta de Galicia ven de aprobar a autorización comercial para o polígono do Vao. Unha nova que aplauden dende o concello de Pontevedra. Agora, segundo dixo nesta xornada a concelleira de Urbanismo, queda iniciar os pasos para comezar a dotar de actividade este espazo.  O primeiro chanzo debe dalo a empresa promotora coa entrega da certificación acreditativa de inscrición no rexistro da propiedade.

Todo listo para comezar a dotar de vida o Polígono do Vao. A Xunta de Galicia ben de aprobar a Autorización comercial Autonómica á Inmobiliaria Ponteno habilitar un establecemento comercial colectivo de máis de 8 mil metros cadrados. Dende o concello aplauden esta iniciativa.

A concelleira de Urbanismo lembrou nesta xornada que dende o concello van a tentar axilizar todos os trámites que quedan por diante co obxectivo de ter lista canto antes esta área comercial. Agora a quenda de xogo está na promotora que é a que ten que entregar a certificación acreditativa de inscrición no rexistro da propiedade.

Dende o concello agardan poder realizar a entrega da documentación pendente canto antes mellor co fin de iniciar e poñerse mans a obra con este importante polígono para a cidade de Pontevedra.