Detido un veciño de Sanxenxo por fabricación ilegal de explosivos

SANXENXO> Un veciño de Sanxenxo, detido por fabricación ilegal de explosivos. Trátase dun home de 35 anos. Ademais, colgaba tutoriais nas redes sociais explicando como se fabricaban as mesturas explosivas. Dentro desta mesma operación hai outras dúas persoas detidas en Navarra.

A operación leva por nome Boxes-Charada e deixa polo de agora tres persoas detidas. Dúas delas en Navarra, investigado por tráfico de armas e municións e o terceiro en Sanxenxo. Está sendo investigado pola fabricación ilegal de explosivos.

A Garda Civil iniciaba as investigacións no pasado mes de setembro, a raíz da compra de certas substancias químicas, denomindas ‘precursores’ de explosivos, por parte deste veciño de Sanxenxo. Trátase dun varón de 35 anos.

Tirando do fío, o Instituto Armado puido comprobar que estaba a empregar esas substancias para a fabricación caseira de mesturas explosivas e incendiarias, como pólvora negra ou ‘termita’ moi perigosas polo seu poder destrutivo.

Ademasi, o home dedicábase a publicar vídeos nas súas redes sociais explicando paso a paso como se elebaraban estes compostos a través duns titoriais.

O home foi detido a semana pasada e quedou xa en liberdade. Está sendo investigado polo xulgado de instrución número 4 de Cambados.

Ademais, en Navarra, a Garda Civil indentificou a un segundo comprador, que ten antecedentes por tráfico de armas. Foi arrestado canda a súa parella. O varón tiña xa antecedentes tras un operativo en marzo de 2020 no que se desartellou un taller clandestino na súa vivenda, no que se manipulaban armas para o seu posterior tráfico ilícito.  A investigación determinou que na actualidade el e a súa dona estaban tratando de adquirir pólvora, para empregala na fabricación ilegal de munición, que vendían coas armas que supostamente fabricaban.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí