VILAGARCIA> Zona aberta de Vilagarcía e AGTAMAR – UPTA presentan un proxecto piloto para potenciar ao comercio local. Mediante unha aplicación, os clientes poderán mercar en calquera establecemento da asociación, a calquera hora e recibilo produto en menos de 12 horas. O obxectivo é que o pequeno negocio poda competir coas grandes plataformas.
A asociación Zona Aberta e AGTAMAR – UPTA unen os seus esforzos para facer do comercio local de Vilagarcía un referente de adaptación aos novos tempos. Ambas organizacións asinaron un convenio de colaboración para a elaboración do proxecto piloto Avanza Comercio. Unha aplicación que permitirá aos pequenos negocios competir de forma conxunta contra as grandes plataformas. Mediante esta app os clientes poderán comprar en calquera negocio a calquera hora.
A iniciativa que pode marcar as diferencias desta proxecto, é a creación dunha cooperativa de transporte para trasladar os produtos á vivenda dos clientes.
A aplicación tamén permitirá aos clientes facer as compras na tenda física e que o servizo traslade os produtos a onde desexe en menos de 12 horas.
As asociacións tamén teñen en conta o factor medio ambiental e por iso realizarán o servizo de reparto en coches eléctricos. Destacan que o máis importante de fomentar o comercio local é que os diñeiro dos vilagarciáns quedarase en Vilagarcía.
Ambas asociacións valoraron de forma moi positiva esta colaboración.
O proxecto ten un custo elevado e para iso é necesaria a colaboración das administracións. Representantes de ambas asociacións reuniranse nos próximos días coa Directora Xeral de comercio e co concello de Vilagarcía. Buscan os apoios necesarios para desenvolver unha aplicación que potenciaría ao comercio local.