A presidenta da Deputación reclamará á Xunta o arranxo do centro de O Saiar

CALDAS> A presidenta da Deputación de Pontevedra continúa coa súa axenda de encontros cos alcaldes da provincia. Esta mañá, Carmela Silva reuniuse co rexedor de Caldas, unha xuntanza trala que anunciou a posta en marcha dun plan estratéxico para o turismo provincial que inclúa o camiño portugués e o termalismo. A petición de Juan Manuel Rey, Silva tamén levará á Xunta a petición de actuar de xeito urxente no centro ocupacional de O Saiar.

 

Carmela Silva pedirá á Xunta que actúe de xeito urxente no centro ocupacional de O Saiar. Nun encontro co alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey trasladoulle a situación de abandono na que se atopan as instalacións, que empregan corenta usuarios.

Silva anunciou que recibirá proximamente o equipo directivo do centro para escoitar as súas peticións e trasladalas ao presidente da Xunta no seu encontro. Tamén asegurou que, se a Xunta non actúa, a Deputación buscará unha solución cos alcaldes afectados.

Neste encontro co alcalde de Caldas, o termalismo e o camiño portugués tamén estiveron sobre a mesa. A presidenta anunciou que ambos recursos formarán parte dun plan estratéxico para o turismo da provincia.

A presidenta provincial tamén se comprometeu con Rey a contar cos alcaldes na petición de fondos europeos para os proxectos turísticos. Pola súa banda, o rexedor caldense agradeceu o encontro, despois de 25 anos, dixo, de abandono da Deputación.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/14/reunion_silva_alcalde_caldas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/14/reunion_silva_alcalde_caldas.mp4{/flowplayer}