MORAÑA> O cadro de persoal de Vertifil volve movilizarse. Desta volta, en resposta á decisión da empresa de despedir a seis traballadores. A decisión foi comunicada o pasado 20 de xuño. Aínda que a compañía atribúea a unha baixada da carga de traballo e a dificultades económicas, dende o comité consideran que a intención da dirección é ir substituíndo os contratos indefinidos por outros temporaise máis precarios.
O despedimento de seis traballadores volve sacar á rúa ao cadro de persoal de Vertifil, en Moraña.
Ante esta decisión, o comité solicitou unha reunión urxente coa dirección; petición que non foi atendida ata o día 20. Nela a empresa atribuíu os despedimentos a cuestións económicas.
Por este motivo, dende o comité desconfían das razóns dadas pola empresa por iso reclaman a readmisión dos compañeiros. Cren que os despedimentos buscan substituír os contratos indefinidos por outros temporais e máis precarios.
Estes seis despedimentos súmanse a un que se produciu a principios de 2023, outro no 2022 e seis máis que se comunicaron no ano 2021.
Ante esta situación, o comité está a deseñar un calendario de mobilizacións para as próximas datas.