A Mancomunidade forma aos futuros caixeiros e repoñedores dos supermercados do Salnés

RIBADUMIA> 24 desempregados formáronse nas últimas semanas nun obradoiro de caixeiros e repoñedores impulsado pola Mancomunidade do Salnés. Trátse dunha acción formativa que forma parte do plan integrado de emprego do organismo comarcal. O curso, que acada a súa sexta edición, foi clausurado hoxe en Ribadumia.

O trato co cliente e a loxística que implica traballar nun supermercado foron os eixos deste obradoiro de emprego impulsado pola Mancounidade do Salnés. 24 mozos e mozas desempregados formáronse estes días nesta acción formativa de caixeiros e repoñedores, un sector cunha alta demanda de traballadores.

De aí que a importancia das aptitudes persoais á hora de aprender a tratar co cliente.

A parte teórica de 50 horas, impartida na Casa da Cultura de Ribadumia, xa contou cunha simulación práctica. Agora farán 80 horas de prácticas reais en supermercados.

O alumnado que participou nesta acción formativa, que acadou xa a súa sexta edición, amósanse satisfeitos coa aprendizaxe.

Neste curso rexistráronse 50 solicitudes, das que 24 finalmente obtiveron praza. Algo semellante aconteceu tamén na selección do alumnado que formará parte do novo curso de carnicería, que a Mancomunidade está organizando para arrancar no mes de maio.