RIANXO> O executivo local, a través dunha achega da Deputación da Coruña, está a construír unha estación depuradora autónoma que dará servizo a esta pequena aldea. A súa situación xeográfica, moi alonxada do casco urbano, facían case imposible a súa conexión á rede municipal de saneamento. Por esta razón o executivo rianxeiro decidiu apostar por un proxecto pioneiro e dotar a aldea de Cerqueiras dunha estación depuradora autónoma e integral, que dera servizo ós preto de dez veciños que residen neste núcleo. A actuación é posible grazas a axuda da Deputación da Coruña, a través do seu Plan de Medio Ambiente. Terá un custe de preto dos 60 mil euros, dos cales o organismo provincial aportará ó redor duns 36 mil e a cantidade restante será asumida polo propio Concello. Como sinalou o propio alcalde o sistema elixido conta cun baixo mantemento, polo que non se descarta que poida ser tamén instalado noutros núcleos do municipio con iguais características.
Inicio BARBANZA