O Coworking da Pobra amplía os seus servizos tras integrarse na rede da Deputación

A POBRA> A adhesión do coworking da Pobra á rede provincial de espazos colaborativos suporá unha serie de melloras nos servizos que presta. Ademais da contratación dunha asistencia técnica, o centro porá en marcha un campus de emprendemento sostible con perspectiva de xénero.

A subvención que achega a Deputación da Coruña, de preto de 32 mil euros, permitiu entre outras propostas a contratación dunha asistencia técnica de apoio á xestión do espazo de coworking .

Outras das propostas consisten na posta en marcha dun campus de emprendemento sostible con perspectiva de xénero ou a continuidade do obradoiro de xestión de excedentes de explotacións agrícolas de autoconsumo.

O concello agradece o apoio da Deputación Provincial para dinamizar este espazo do que, dende a súa creación en 2017, xa saíron diversas iniciativas empresariais hoxe consolidadas.

Na actualidade, o coworking da Pobra conta con 5 iniciativas de emprendemento activas que dispoñen das instalacións de xeito gratuíto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí