A vella discoteca ‘Hesta Kurva’ podería converterse nun edificio multiusos

    RIBEIRA> O proxecto daría solución a varias carencias existentes a día de hoxe na cidade como é a falla de espazos públicos. Despois da súa adquisición nunha subhasta hai varios meses, o executivo ribeirense estuda agora un ambicioso proxecto que pasaría por converter a vella discoteca ‘Hesta Kurva’ nun edificio multiusos. Con esta actuación daríase resposta a numerosas carencias existentes hoxe en día na cidade. Segundo o alcalde, Manuel Ruíz, a solución sería global, e permitiría ó concello trasladar a este espazo o conservatorio municipal, o local de ensaio, a UAD ou o propio auditorio. Aínda así o proxecto tería un elevado custe, polo que o concello deberá buscar tamén a implicación doutras Administracións para poder levalo a cabo.