O executivo rianxeiro acometerá a mellora da rúa Irmáns Ínsua

    RIANXO> A actuación, que se levará a cabo a primeiros de ano, será posible grazas a una subvención da Deputación da Coruña que está a xestinar o Concello. Rematar cos problemas que se producen especialmente no inverno, na época de chuvias, ó carecer de recollida de pluviais, cos conseguintes anegamentos en baixos e garaxes, e tamén en comercios da zona. Esta é una das principais razóns polas que o executivo rianxeiro decidiu acometr esta actuación na rúa Irmáns Ínsua. As obras levarán aparelladatamén a mellora do actual pavimento, bastante deteriorado. A actuación ascende a preto dos 77 mil euros, dos que aproximadamente o 80%, uns 61 mil euros serán sufragados polaDeputación da Coruña e a parte restante será asumida polas arcas municipais.