A Deputación investirá oitocentos mil euros na estrada de Cespón a Neixón

    BOIRO> O pleno da Deputación Provincial da Coruña investirá preto de oitocentos mil euros na ampliación da estrada que vai dende a igrexa de Cespón ata o castro de Neixón en Boiro. Ademais de acometer un novo trazado, reporanse tódalas redes de servizos. Hai máis dunha década que se plantexou este proxecto pero a falla de acordo entre os grupos políticos demorou esta actuación que, finalmente, será unha realidade. O concello de Boiro demandou novamente esta obra que suporá un investimento de setecentos oitenta e catro mil euros. Acometerase un novo trazado para ampliar a calzada e dotarase de renovadas redes e canalizacións. Unha vez aprobado pola corporación provincial, o executivo boirense confía en que os traballos dean comezo de inmediato.