RIBEIRA> O Conselleiro do Mar desprazouse ata Ribeira para inaugurar a nova Oficina EsMar, emprazada na Porta do Sol. Trátase dun dos sete puntos habilitados pola Xunta en toda Galicia para asesorar ó sector sobre as axudas europeas do FEMPA.
Os profesionais do sector do mar no Barbanza contan cun novo servizo. A oficina EsMar inaugurada esta mañá pola Conselleiro do Mar coa presenza de numerosas autoridades comarcais así como representantes de organizacións pesqueiras e confrarías, ofrece un servizo de asesoramento para a tramitación de axudas. O obxectivo da Xunta é que se utilicen os máis de 360 millóns de euros do FEMPA asignados a Galicia.
Trátase dun recurso máis que xunto cos GALP e o propio persoal técnico da Xuntaestá ó servizo da cidadanía e das administracións locais para axudar na, moitas veces complicada, tramitación administrativa que implica as distintas liñas de axudas.
Xunto coa de Ribeira habilitáronse oficinas EsMar en Vilagarcía, Pontevedra, Vigo, A Coruña, Ferrol, Viveiro e outra en Santiago a modo de central.











