GALICIA> A Axencia Galega de Emerxencias xa conta con tres drons para o apoio de accións de busca e rescate. As máquinas que adquiriron en concurso público por un valor de 60.000€ poderán facilitar a localización de posibles vítimas, o traslado de material de salvamento e ata a detección de posibles gases inflamables en incendios.
A procura de persoas desaparecidas en Galicia será agora un pouco máis sinxela. Cos drons que a Axencia Galega de Emerxencias acaba de adquirir os equipos do 112 poderán atopar a unha persoa aínda que se encontre nun arboredo ou no propio mar. As aeronaves están equipadas con cámaras de vídeo que son dirixidas polos pilotos dende unha estación base e contan tamén cunha cámara termográfica que detecta o calor e un gancho que pode transportar kits de salvamento ata onde se encontra a propia vítima.
Os 4 pilotos do equipo da Axencia Galega de Emerxencias que se encargarán das aeronaves xa pasaron o exame teórico e agora terán que aprobar un exame por cada un dos drons diferentes que van a dirixir para incorporalos o antes posible as súas actuacións. A Xunta asegura que o seu emprego permitirá un aforro considerable de recursos e de tempo.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/23/drones_emerxencias.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/23/drones_emerxencias.mp4{/flowplayer}