O PP de Rianxo aposta polo impulso do actual polígono industrial

RIANXO> O candidato desta formación política, Germán Allut, mantivo unha reunión con representantes da Asociación Rianxeira de Empresarios co fin de analizar as posibles estratexias para a dinamización do parque empresarial. Unha xuntanza na que tamén tomou parte o conselleiro de Economía, Francisco Conde.

Coma unha das principais propostas do seu programa de goberno, que agarda poder levar adiante se chega a alcaldía, o candidato do PP de Rianxo, German Allut, aposta decididamente polo impulso do actual polígono industrial coma mellor fórmula para a creación de emprego e o desenvolvemento económico do Concello. Co fin de analizar as posibles estratexias para a dinamización do parque empresarial de Té, cunha ubicación estratéxica, o alcaldable mantivo unha reunión con representantes da Asociación Rianxeira de Empresarios. Un encontro no que tamén tomou parte o conselleiro de Economía e Industria Francisco Conde.