PORTO DO SON> O Conselleiro do Mar desprazouse ata a confraría de Porto do Son para participar nas actividades formativas que está a impartir a Xunta. Un total de 17 entidades do sector resultaron beneficiarias destas axudas que financian preto dun cento de cursos.
A Xunta de Galicia ratifica o seu compromiso coa formación no sector do mar para garantir a competitividade e o relevo xeracional. Así, a Consellería do Mar financia un cento de cursos que se imparten en 17 confrarías de toda Galicia.
Na de Porto do Son ten lugar estes días un curso de formación básica e seguridade marítima que contou coa participación do Conselleiro, Alfonso Villares. No que vai de ano xa están executados ou en execución preto da metade dos cursos que beneficiarán a preto de 900 persoas.
Ademais deste, a confraría de Porto do Son xa realizou dous cursos de condución segura de equipos de manutención e un de mariñeiro pescador.











