Luis Davila enche de retranca galega e humor o Pazo Provincial

Pontevedra> O humor Luis Davila chega ao Pazo Provincial a través da exposición A retranca dun país. Unha mostra, que estará exposta ata o 4 de marzo, e onde poderán desfrutar das tiras máis coñecidas deste debuxante de Bueu.  

 

Non te esquezas de sorrir, un día sen sorrir é un día perdido, con esta frase de Charles Chaplin a presidenta da Deputación quixo agradecer a Luis Davila o seu traballo amosado nos últimos anos a través de diferentes xornais. Un debuxante que chega a deputación coa súa mostra a retranca dun país e que ten como obxectivo sacar un sorriso e unha reflexión do seu traballo. 

Dende a deputación amosáronse encantados con esta mostra que chega ao Pazo Provincial co gallo do 131 aniversario que tería cumprido Castelao. Unha exposición que reúne as 72 viñetas de máis éxito deste deseñador gráfico e humorista. 

Un humor, o de Luis Davila, onde todos nos sentimos reflexados, un humor moi noso, centrado no mar, na leira e na comida. 

A mostra conta cunha audioguía á que se pode acceder a través do código QR e que foi elaborada en colaboración coa asociación de xordos de Galicia para facilitar que as persoas con dificultades auditivas poidan acceder a contidos culturais en igualdade de condición. Unha exposición que lembre, poderán visitar ata o 4 de marzo no Pazo Provincial no horario habitual de atención ao público. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/30/luis_davila_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/30/luis_davila.mp4{/flowplayer}