Tomeza estrea núcleo de centralidade tralas reformas do Casal do Río e o centro de Lusquiños

PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra dá por rematados o parque de Casal do Río e o centro social de Lusquiños, na parroquia de Tomeza. As obras contaron cun orzamento de máis de 460 mil euros, dirixidos a trasladar os estándares de calidade do centro da cidade tamén ás parroquias rurais.

Este venres, Tomeza inaugurará o seu núcleo de centralidade. Un parque con pistas deportivas, unha área infantil e un merendeiro son os novos equipamentos cos que conta a zona de Casal do Río.

A actuación complétase coa mellora do centro social de Lusquiños. Aquí mellorouse a accesibilidade ao edificio e a parte baixa da parcela. Instalaronse, ademais, varias grellas e un espazo para a cativada.

As dúas zonas están conectadas por unha senda peonil. En total, a actuación contou cun orzamento de máis de 466.000 euros, financiados por fondos europeos.

Este venres o concello celebrará un pequeno acto de inauguración. Será no parque de Casal do Río, a partires das 6 e media da tarde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí