RIBEIRA> Presentación en Ribeira da Ruta BTT San Martiño coa que a Asociación Arousa Neo da comezo ó Circuíto de Carreiras Sportbike. Será este domingo 15 de setembro e a proba consta de 40 quilómetros.
Chega a Ribeira unha nova edición da Ruta BTT San Martiño coa que arrinca o Circuíto de Carreiras Sportbike.
Serán 40 quilómetros de recorrido que terán como saída e meta o campo de fútbol do Oleiros.
Logo dunha fin de semana marcada polos lumes, este domingo o que haberá son ciclistas os que lles gusta o deporte o aire libre
Xa hai máis de setenta inscritos e o prazo cerra no día de hoxe, cun prezo de 10 euros. Completan o Circuíto de Carreiras Sporbike a BTT que se celebrará o 6 de outubro na Pobra e a contrarreloxo de Portosín o 20 de outubro.