Cincuenta metros de traballo artesán contra a violencia de xénero

BARBANZA> No Barbanza sucedéronse os actos organizados polos distintos concellos e asociacións polo 25N. En Rianxo despregouse unha bufanda de cincuenta metros elaborada artesanalmente por voluntarios da asociacións Ondiñas Mainas.

Ademais de sumarse a esta campaña converténdose no primeiro concello galego en participar nesta proposta con representación en toda España, Rianxo continúa adherido á campaña galega ‘En negro contra as violencias.

Tamén o comercio local sumouse a esta conmemoración coa colocación de lazos negros e outros distintivos en contra da violencia de xénero.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí