POBRA> Os alumnos do IES Francisco Barreras da Pobra clausuraron a semana contra a violencia de xénero cun acto de homenaxe ás vítimas. Estudantes e profesoras deitáronse no patio representando a cada unha das cincuenta e dúas vítimas deste ano.
Impactante e emotiva. Así foi a clausura das actividades celebradas no IES da Pobra con motivo da semana contra a violencia. Ante a sorpresa do resto dos estudantes, un grupo de alumnas e mestras foron deitándose no patio; cada unha cun cartel co nome, idade e data de asasinato das vítimas. Ó remate, tódolos participantes gardaron un minuto de silencio.
Con esta actuación ponse o punto e final a unha semana chea de actividades, como a formación dun lazo humano ou a creación dun mural conmemorativo. Ademais destes actos para chamar a atención e visibilizar a problemática da violencia desenvolvéronse actividades para a reflexión e o debate sobre a presenza da desigualdade na nosa sociedade.
A campaña contra a violencia non rematará aquí. No patio do centro permanecerán durante todo o curso este mapa coa localización xeográfica de cada un dos crimes e este panel no que se poñerá nome á estatística das futuras vítimas. Agardemos que permaneza en branco durante moito tempo.