O lume do edificio Dorna de Vilagarcía empezou no salón dun dos áticos

    incendio_100_101007_-_still_001.jpgVILAGARCÍA > Últimas novidades respecto ó incendio de onte en Vilagarcía de Arousa. Segundo fontes policiais, o lume comezou no interior …

    …dun dos domicilios e máis concretamente no salón. As mesmas fontes descartan a intencionalidade de alguén alleo o piso. Hoxe, tamén coñecemos que o concello de Vilagarcía esixe un protocolo para definir como teñen que actuar as forzas de seguridade en casos de emerxencia como o de onte.

    A policía científica continuou durante a mañá de hoxe coa súa investigación para determinar as causas do lume que onte arrasou dous áticos do edificio Dorna no centro de Vilagarcía. Finalmente a inspección determinou que o lume comezou no salón dun dos domicilios e descartou que alguén alleo á casa prendera o lume. As tres persoas, dous varóns e unha nena, que foron ingresadas nos hospital do Salnés xa foron dadas de alta na tarde de onte. O resto dos veciños do inmoble pasaron a noite nas súas casas e o Concello só tivo que realoxar a dúas persoas nun hostal. Haberá que esperar un pouco máis para coñecer cales foron as causas do lume xa que, na xornada de onte, algúns veciños apuntaron que podería haber sido provocado por un dos inquilinos.

    A alcaldesa de Vilagarcía pediu a Presidencia a elaboración dun protocolo de actuación para os corpos de emerxencia. O obxectivo deste documento é optimizar os recursos das distintas forzas de seguridade e resolver as dúbidas que poidan xurdir entre Bombeiros e Protección Civil en casos como o de onte.

    Tamén dende o Concello, a edil de benestar, Ana Lorenzo, fixo pública que se está a facer un seguimento da situación na que se atopa a nena que ata onte residía nun dos pisos calcinados.

     Redacción Salnés