Castrogudín non votará nas eleccións do 10 de Novembro polo peche da súa mesa electoral.

VILAGARCIA> A veciñanza de Castrogudín non votará nas eleccións do vindeiro 10 de novembro. A aldea ponse de acordo para non acudir ás urnas como protesta despois de que a xunta electoral lles retirase a súa mesa. A pesar de que o concello de Vilagarcía porá un bus a súa disposición, néganse, porque advirten non van a permitir que os traten como gando da feira.

Todos a unha como en Fuenteovejuna. Ao igual que na obra de Lope de Vega, a veciñanza de Castrogudín en Vilagarcía acaba de tomar unha decisión conxunta: non votar nas eleccións xerais do vindeiro 10 de Novembro. O motivo é polo peche do seu colexio electoral. Sen previo aviso nin explicacións, toda a aldea terá que ir a votar á mesa de Cea, a dous quilómetros de distancia.

 

A veciñanza non entende porqué lle retiran o seu colexio electoral cando levan votando na aldea dende a transición.

O concello descoñecía este peche e ofreceulles un autobús para desprazarse a Cea. A pesar diso, Castrogudín négase, segundo din, a que os traten como gando.

Este peche ten detrás unha curiosidade. O pasado 16 de xuño do 2016 achegouse a Castrogudín o actual presidente en funcións do goberno, Pedro Sánchez.

A veciñanza de Castrogudín agarda que con este acto poidan recuperar o seu colexio electoral. Advirten que aínda que agora os ignoren, noutras eleccións os seus votos poden ser determinantes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí