A cultura emprendedora chegará a Pontevedra do 20 ao 22 deste mes

[

Pontevedra> Do 20 ao 22 de setembro Pontevedra acollerá unha nova edición, e xa van 5, da Pont Up Store. Unha cita que terá o seu espazo na Praza de España e que contará coa presenza de 45 empresas. O eixo fundamental desta quinta edición será a visión da muller como emprendedora. E como novidade, tamén adiantaron nesta xornada, que contarán cun espazo gaming, co fin de achegar o emprendemento da man dos videoxogos.

Dende o 20 ao 22 de setembro a Praza de España de Pontevedra contará cunha nova edición do Pont Up Store, unha inicaitva de apoio ao emprendemento aberta a toda a cidadanía e que centra os seus esforzos no incremento da cultura emprendedora na sociedade. Unha cita onde colaboran man a man o concello de Pontevedra, a Deputación e a Universidade de Vigo.

Unha cita onde neste ano se presentaron 144 empresas das que finalmente estarán presentes e saíron escollidas 45.

45 empresas que veñen de Pontevedra pero tamén doutros puntos da xeografía galega. O director deste Pont Up Store quixo destacar que o 40 por cento dos proxectos presentados proviron do ámbito rural.

Serán 3 días de cultura emprendedora que contará con máis de 40 actividades e cuxo eixo fundamental nesta quinta edición será a visión da muller como emprendedora, a visualizacion da muller na actualidade. Ademais dende a organización tamén anunciaron que unha das novidades estrela desta edición será o Espazo Gaming, un centro centrado en achegar o emprendemento da man dos videoxogos.