200 persoas recibirán en Pontevedra formación para identificar e traballar con rapazada con altas capacidades

PONTEVEDRA> 200 persoas recibirán en Pontevedra formación para identificar e traballar con rapazada con altas capacidades. O sábado 27 e o domingo 28 de abril o Pazo da Cultura acollerá unha xornada dirixida a docentes, traballadores de servizos sociais e familias destes nenos. Nace dunha necesidade detectada pola Rede Cría, que sinala que entre o alumnado con altas capacidades se rexistra un 70% de maior prevalencia de fracaso escolar e baixo rendemento.

Esta é a situación que atravesan moitas familias de nenos e nenas con altas capacidades. Non hai recursos e a formación é escasa. Algo que repercute con forza no seu rendemento escolar.

Dende a Rede Cría quixeron poñer o seu gran de area para formar ao persoal que traballa con esta rapazada. Os días 27 e 28 de abril o Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá unha xornada que porá o foco no estudantado con altas capacidades, a cargo da psicopedagoga Yolanda López, principal especialista en España sobre esta materia.

A xornada será gratuíta. Hai 200 prazas dispoñibles e os interesados poden inscribirse no enderezo electrónico formateaacc@gmail.com.

Segundo a Rede Cría, un 10% do alumnado presenta altas capacidades. Desta porcentaxe en Galicia só está identificado un 0,61%.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí