A Traviata de Verdi chega a Pontevedra

PONTEVEDRA> O Teatro da Ópera Nacional de Moldavia trae a Pontevedra A Traviata de Verdi. O vindeiro luns día 9 as oito e media da tarde no Auditorio Afundación solistas internacionais e nacionais darán vida a este drama en tres actos que xira entorno ao amor e a morte.

 

Un romance imposible en torno a unha cortesá enferma de tuberculose e o seu amante. Fai máis de 150 anos que esta ópera de Giuseppe Verdi se estreou por primeira vez e aínda hoxe a Traviata enche teatros e esgota as entradas.

Pontevedra acollerá o luns día 9 as 8 e media da tarde unha única función da obra da man de Afundación e o Teatro da Ópera Nacional de Moldavia que traen á cidade a actuación de solistas internacionais como Natalia Golub no papel de Violeta e o tenor español Miguel Borrallo como Alfredo.

As entradas pódense adquirir nas canles habituais de venda.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/04/traviata_verdi.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/04/traviata_verdi.mp4{/flowplayer}