Canto custa a volta ó cole?

PONTEVEDRA> Xa non queda nada para que comece a volta ao cole. Un dos momentos máis importantes tanto para as familias como para as librarías. Ata unha delas achegámonos esta mañá para coñecer como está indo a venda de libro este ano e para saber canto pode chegar a custar este inicio do novo curso escolar.

Todo listo para que comece a volta ao cole. Iso si, neste inicio de curso debido ao sistema de préstamos da Xunta de Galicia, reducirase a venda de libros en establecementos coma este.

Aínda que moitas familias piden os libros por adiantado, a maioría dos pontevedreses espera a última hora.

A volta ao cole custa e moito. Soamente en libros, unha familia pode chegar a gastar unha media de 250 euros.

E malia que nos últimos anos as vendas baixaron moito, o certo é que o mes de setembro segue a ser a época máis importante para os comercios locais. Ademais, este ano a maioría deles participan na campaña da “Volta ó Cole” do goberno municipal.

Este é un dos 300 establecementos de Pontevedra no que está presente a campaña da “Volta ó Cole”. Todos os que merquen o material nos locais adheridos, entrarán a participar no sorteo de sete vales por valor de 100 euros. A lista dos comercios a podedes atopar na páxina web do Concello: www.pontevedra.gal

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí